top of page

A metodoloxía utilizada para desenvolver o proxecto documental integrado debe ser activa, participativa e interdisciplinar.

1. Metodoloxía activa. O alumnado deixa de ser un mero receptor de contidos para se converter no motor da súa propia aprendizaxe, fortalecendo a autoconfianza. A alfabetización informacional pasa a ser, entón, un dos obxectivos principais para que o desenvolvemento da investigación se realice con éxito. Tamén, a alfabetización múltiple lle permitirá ao alumnado manexar a información en distintos soportes e chegar a comprender variados tipos de textos.

2. Metodoloxía participativa. O traballo colaborativo axudará ao alumnado a esforzarse para aportar a súa visión dos coñecimentos adquiridos ao grupo, a expor as súas ideas, a defender a súa postura e a respectar e aceptar as opinións dos demais compañeiros e compañeiras. Foméntase, ao mesmo tempo, a reflexión e o espírito crítico e favorécese a inclusión e a socialización.

3. Metodoloxía interdisciplinar. O proxecto coordinado pola biblioteca deberá desenvolverse nos diferentes departamentos didácticos, vinculándoa aos contidos curriculares. O tratamento dun único tema con distintos enfoques aportará ao alumnado unha visión global do tema proposto.

 

Esta metodoloxía debe resultar motivadora e desenvolver, entre outras, a competencia aprender a aprender.

OS NOSOS RECOÑECEMENTOS

  • Sello CCB 2018

  • IV Concurso de Traballos por Proxectos

  • III Concurso de Traballos por Proxectos

  • XXIV Premio Irmandade do libro "Centro de ensino"

ENDEREZO

R/San Roque 25.

36600, Vilagarcía de Arousa. 

bibliocastroalobre@gmail.com

bibliocastroalobre.blogspot.com

Tel: 886-151-818 
Fax: 886-151-832

Rescatando Culturas

Biblio Castro Alobre

© 2018 por Biblio Castro Alobre. Creado con Wix.com

  • Negro del icono de Blogger
  • Negro del icono de YouTube
  • Icono negro Vimeo
  • Google+ Basic Black
af_sello_ccb_2018_700x550.jpg
20190321_162551.jpg
bottom of page