top of page

1. Decisión do tema

  • Elección dun proxecto motivador, que suscite interese e que ofreza múltiples posibilidades de enfoque.

  • Elaboración das liñas básicas, tendo en conta os obxectivos previstos.

  • Presentación do proxecto, ofrecendo suxestións para o seu desenvolvemento polos departamentos.

  • Insistencia na necesidade de vincular o tema proposto cos contidos curriculares e na importancia da alfabetización informacional.

2. Planificación das tarefas

  • Selección dos recursos existentes e exposición dos mesmos na biblioteca.

  • Proposta de compra de novas adquisicións que axuden a desenvolver o proxecto.

  • Selección de fontes de consulta en internet.

  • Establecimento do calendario para que os departamentos inicien o seu traballo.

  • Elección de datas a conmemorar en cada un dos trimestres.

  • Propostas de concursos e deseño dos mesmos.

  • Organización das actividades propostas.

  • Elaboración de documentos informativos e publicación no blog.

  • Exposición de materiais elaborados nas cortizas e corredores.

3. Execución do proxecto

A biblioteca deseñará e elaborará a información necesaria para dar a coñecer distintos aspectos dos pobos indíxenas e minoritarios Tamén, ofrece suxestións de temas a tratar:

  • Enfermidades sen erradicar.

  • Atletas destacados.

  • A muller no deporte.

  • Explotación de recursos polas multinacionais.

  • Ungüentos, pócimas, herbas medicinais…

  • A defensa da terra.

  • Os dereitos dos pobos indíxenas.

  • Movementos en defensa destes pobos.

  • A información que coñecemos destes pobos a través dos medios de comunicación.

  • Os pobos indíxenas no mundo: distribución xeográfica.

  • As linguas indíxenas e minoritarias.

  • Os ritos e crenzas.

  • As manifestacións artísticas: literatura, música, danza, artes plásticas.

  • Comparación entre a estrutura familiar destes pobos e outras culturas.

  • Situación da muller.

  • As pinturas na cara e corpo e o vestiario.

            Ademais destas suxestións, pódense consultar as páxinas propostas para a Hora de Ler.

O profesorado poderá tratar calquera aspecto relacionado co tema proposto. Esta elección debe estar vinculada aos contidos curriculares do nivel no que se propoña, para acadar un mellor aproveitamento educativo. A cada departamento se lle asignará unha semana na que debe iniciar o seu traballo, reservando a biblioteca para este fin. O produto final será exposto nos corredores do centro e/ou publicado na web.

Non debemos esquecer que o obxectivo do Proxecto Documental Integrado é, conseguindo a máxima participación, desenvolver as habilidades e destrezas do alumnado no campo da alfabetización informacional e da alfabetización múltiple, que lle axuden a acadar as competencias clave, utilizando a biblioteca escolar como fonte de recursos e como espazo no que desenvolver estes proxectos. É importante, polo tanto, que o alumnado acoda á biblioteca para buscar información, para aprender a manexala (selección de fontes, selección de textos, imaxes, gráficos; análise, síntese e comprensión dos mesmos) e para saber comunicala a través dos produtos finais. A fin de realizar esta tarefa, a biblioteca proporciona recursos, que poden ser de utilidade.

Finalmente, publicarase na web toda a información resultante das investigacións realizadas polo alumnado dos distintos cursos e materias, a documentación proporcionada polos departamentos e todo o material e actividades organizadas pola biblioteca.

4. Avaliación

Para avaliar o proxecto, teranse en conta os seguintes indicadores: elección do tema, grao de participación, variedade e calidade dos produtos finais, recursos ofrecidos pola biblioteca e utilización da biblioteca escolar.

bottom of page