O seu futuro depende de nós é unha campaña solidaria, organizada pola biblioteca, a favor do Centro Tulizeni (Goma, RD do Congo).
Para recadar fondos, puxéronse á venda fotos do xornalista Antonio Pampliega, o día 24 de maio, na celebración do Día das Letras no Alobre. Colaboraron coa campaña o Grupo de Diversidades Afectivo-Sexuais, que venderon bolsas de algodón, chapas e pulseiras "arco da vella" e, tamén, o grupo de alumnado encargado do posto de comida, que coordinou Mariola Rodríguez.
O día 26 de maio a campaña estendeuse á Praza de Galicia. Alí proporcionamos información sobre o Centro Tulizeni e animamos a participar á cidadanía vilagarciá na recadación de fondos.
Finalmente, recadouse un total de 1525,50€.
Queremos agradecer dun xeito especial a colaboración do Grupo de Diversidades afectivo-sexuais do instituto, que doou os cartos obtidos pola venda de artigos co fin de visibilizar ao colectivo LGTBI e a colaboración do alumnado, que doou os cartos obtidos pola venda de comida o día das Letras no Alobre. Tamén queremos dar as grazas á biblioteca do IES Cotarelo pola venda de fotos no seu instituto.
Agradecemos, tamén, a colaboración do Concello de Vilagarcía, de Setga e Naturgalia (empresas de Pontevedra) e de Zona Aberta, Stin e Duende.