top of page

Dereitos dos pobos indíxenas

O 10 de decembro conmemórase o Día Internacional dos Dereitos Humanos. O alumnado de 3º PMAR quixo recordar este día, lembrando aos pobos indíxenas. Segundo datos de Nacións Unidas, existen polo menos 5000 pobos indíxenas compostos por uns 370 millóns de persoas en máis de 90 países dos distintos continentes. 

O 13 de setembro deste ano celebrouse o 10º Aniversario da Declaración da ONU sobre os Dereitos dos Pobos Indíxenas. Esta Declaración "é o instrumento internacional máis completo que existe sobre os dereitos dos pobos indíxenas. Nel establécese un marco universal de normas mínimas para a supervivencia, a dignidade e o benestar dos pobos indíxenas e tamén se profundiza nos instrumentos dos dereitos humanos existentes e se clarexa como estes se aplican á situación particular dos pobos indíxenas" (Nacións Unidas).

Deixámosvos a selección feita polo alumnado dalgúns dos artigos desta Declaración. Este traballo elaborouse dentro do Proxecto Documental Integrado "Rescatando Culturas".

bottom of page